No Día do Libro

Hoxe, Día do Libro, a miña aposta é polo libro galego, isto é, polo libro en lingua galega. Á imaxe remito para testemuñar que dispomos dunha literatura rica, heteroxénea e plural da que se sentir orgulloso.

    Creo que nunca o fixen e a data de hoxe é unha boa ocasión para lles dar as grazas tanto ás persoas particulares que editan e promocionan as súas obras como ás editorais galegas que, particularmente, sempre me trataron e tratan con moita xenerosidade.  A miña gratitude a Xerais, Toxosoutos, Galaxia, Faktoría K, Rinoceronte, Kalandraka, Espiral Maior, Laiovento, Trifolium, Baía, Ouvirmos e Hugin e Munin entre outras, hoxe e sempre.