Hai, ás veces, empresas privadas sensibles á importancia que a lectura debe ter na sociedade e que articulan campañas sinxelas, pero moi efectivas, destinadas a visibilizar o que se le. Afirmo isto porque descubrín nunha rede social, e un tanto casualmente, unha invitación que a compañía agrogandeira Feiraco estendía aos seus seguidores e seguidoras para que recomendasen lecturas que estaban a realizar, xustamente, no Día do Libro. O resultado é que incorporo abaixo, un panel con moitos libros galegos, algúns de actualidade, asinados por Miguel Ángel Alonso Diz, Urbano Lugrís, Miguelanxo Prado, Manuel Portas, Ramón Loureiro, Ramón de Valenzuela, Pere Tobaruela, Iolanda Zúñiga, Suso de Toro ou Manuel Rivas, entre outros. Os meus parabéns por esta iniciativa.
Que boludo, meu 😉
🙂