Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, premio Losada Diéguez 2013 na modalidade de non ficción

Souben da noticia da concesión do premio Losada Diéguez a Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro por unha chamada do secretario do xurado, segundos antes de entrar nunha xuntanza dos membros da Fundación Celso Emilio Ferreiro, razón pola que a nova foi felizmente celebrada entre persoas que confluímos na vontade de perpetuar o legado de Celso Emilio. Talvez outra das conxuncións astrais ás que a memoria do poeta de Celanova nos ten afeitos nos últimos tempos.

        Desde aquí comparto a miña alegría con todas as persoas que visitan esta bitácora de cando en vez e aproveito para transmitir a miña gratitude aos membros do xurado que tiveron o vagar e a paciencia de ler este libro; grazas tamén a Luís Ferreiro pois o bo que pode ter esta biografía débese á súa xenerosa colaboración e alento; grazas a todas as voces que circulan por estas páxinas e que, en boa medida, a alicerzan e singularizan; grazas a quen confiou neste proxecto desde o comezo e a quen sempre están preto de min. Grazas, por último, a todo o equipo de  Edicións Xerais que o fixo posible.

       Non esquezo os meus parabéns a Begoña Caamaño que colleitou, con esa alfaia que é Morgana en Esmelle, a modalidade de ficción deste galardón: “O Calvario Power” nesta ocasión, benquerida Begoña.

Novas nalgúns medios:

La Región

La Voz de Galicia

2 Comments

Os comentarios están pechados.