Presentación da novela Faneca Brava, de Manuel Portas, na Feira do Libro (Santiago)

Mañá venres, ás 19.00 e na Feira do Libro de Santiago, acompañarei a Fran Alonso e mais a Manuel Portas na presentación -unha estrea mundial, como gusta de dicir Portas- de Faneca Brava, unha novela da que será un pracer falar un pouco pois, malia carecer de dotes de adiviñación, e aínda co saibo das súas últimas páxinas acabadas de ler hai pouco,  creo que conta con todos os ingredientes para se converter nun dos grandes éxitos narrativos deste vindeiro verán. Debullarei algunhas das razón que me levan a esta conclusión na presentación do libro. Esperámosvos alí.