Sen dúbida é unha excelente noticia a aparición, e edición en forma de libro baixo a responsabilidade de Henrique Monteagudo, destes textos postrobadorescos que forman parte do noso patrimonio literario e cultural. Parabéns aos responsables do seu descubrimento e a quen traballou na súa transcrición, edición e estudo, recollida nunha publicación á que aínda non tiven ocasión de acceder pero que agardo conseguir en pouco tempo. Premendo aquí poden visualizarse os manuscritos do cancioneiros (á dereita, primeira páxina deste cancioneiro, fonte: Arquivo de Galicia).