Premios AELG 2013: un milleiro de grazas

A de onte foi unha noite inesquecible e para min moi conmovedora. Á alegría que me produciu saudar a moitas persoas que quero ben e que asistiron á gala dos Premios da AELG, celebrada na Coruña, sumóuselle a circunstancia desmesurada de que se lle outorgase o galardón na categoría  do ensaio a Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro e, por se fose pouco, na do blog literario a esta bitácora. Os meus parabéns para quen resultou tamén galardoado e para todas e todos os finalistas nas diversas categorías. Non esquezo tampouco agradecer o labor de quen fai posible esta noite tan fermosa. A miña gratitude, de corazón, pola vosa xenerosidade.

7 Comments

  1. Dous premios aínda non son suficientes para tanto traballo tan ben feito! Parabéns, Moncho!!

Os comentarios están pechados.