Coa colaboración, xenerosa e desinteresada, da Fundación Penzol nalgún caso e mais da Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego (Concello de Vigo) noutras ocasións, dou comezo hoxe á difusión dunha serie de manuscritos procedentes daqueles fondos. Velaquí un depositado na primeira das institucións e que reproduce a primeira das folliñas que se conservan da intervención oral de Ramón Piñeiro no Mítin das Arengas (1934), na versión orixinal do autor lucense.