Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro na Feira do Libro de Lugo

O venres da vindeira semana, Día das Letras Galegas, continúa a xeira de presentacións de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, nesta ocasión no espazo que brinda a Feira do Libro da cidade de Lugo. O acto celebrarase ás 20:30 horas  e contarei co xeneroso acompañamento de Manuel Bragado, Luís Ferreiro e, nesta ocasión, da escritora lucense María Reimóndez.

A FEIRA DO LIBRO DE LUGO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

comprácense en convidalo/a ao seguinte acto:

 Día 17 VENRES DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 20: 30 horas: Presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.

                      Participan: Luis Ferreiro, María Reimóndez, Manuel Bragado e o autor.