Taboleiro do libro galego (IX) (do 29 de abril ao 10 de maio)

Nesta última quincena advírtense algúns, pero talvez significativos, cambios. No que se refire á narrativa entra con forza a novela de Manuel Portas, Faneca Brava, e establécese un empate no segundo posto, entre a novela Infiltrados, de A. Eyré e mais a recuperación de prosas cunqueirianas contida en Ese mundo que teño de meu. Reactívanse Os fillos do mar de Pedro Feijoo e mais multipremiada Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, manténdose aínda na listaxe En vías de extinción, de María Reimóndez.

     En poesía retornan X. Daniel Costas Currás e mais Miro Villar aos primeiros postos, xunto co Cantares rosaliano en edición de A. Angueira. Nas demais seccións, alén de se manter o foco de interese en Tastarabás, de Cortizas, e mais no universo vinculado a Roberto Vidal Bolaño, remito ao resultados que se incorporan abaixo.

                                                               NARRATIVA

-. Faneca Brava, de Manuel Portas. Edicións Xerais.

-. Infiltrados, de Alfonso Eyré, Biblos e  Ese mundo que teño de meu, de Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia.

3º-. Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.

-. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Editorial Galaxia.

-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.

POESÍA

1º-. Monicreques, de Xosé Costas Currás, Pen Club.

2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.

3º-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).

ENSAIO-TEATRO

-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.

-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.

3º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, de Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.

4º-. Do estigma á estima, de Valentina Formoso, Edicións Xerais.

5º-. Cantares gallegos hoxe, de Pilar García Negro, Alvarellos Editora.

INFANTIL-XUVENIL

 1º-. Xogos musicais, de Luís Prego, Edicións do Cumio.

2º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Editorial Galaxia.

 ÁLBUM ILUSTRADO

-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.

-. A galiña roxa, Pilar Martínez e Marco Somà , Kalandraka.

3º-. Rosa Caramelo, Adela Turín, Kalandraka.

 

BANDA DESEÑADA

-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.

-. Palestina, de Joe Sacco (tradución de Rafael Salgueiro), Rinoceronte.

Goražde, zona segura, de Joe Sacco (tradución de Rafael Salgueiro), Rinoceronte.

 

1 Comment

Os comentarios están pechados.