Entrevista desde Libros Lectureka!

A rede posibilita iniciativas moi interesantes e, por veces, verdadeiramente fascinantes e exemplares como se traduce na existencia dun blog, administrado e alimentado por dous irmáns vigueses que cursan 1º da ESO, co obxectivo de difundir todo aquilo que caia nas súas mans e que teña que ver coa literatura e a lectura.

    Falo de Libros Lectureka! (guía práctica para ser un devoralibros) onde, ademais, son quen de incorporar recensións, información xeral,  documentais ou entrevistas. Hai uns días puxéronse en contacto comigo pois querían facerme unha entrevista, que para min resultou un agasallo e que me sorprendeu porque evidenciaba o intenso traballo que depositaron en se documentar previamente. O resultado quedou aquí baixo o título de “Un café con Ramón Nicolás” e eu só podo agradecerlles a atención e o traballo a Pablo e María, e animalos a seguir nese camiño. Os meus parabéns polo seu proxecto tan ilusionante.

3 Comments

Os comentarios están pechados.