Campaña da Asociación Galega de Editores no Día das Letras

Gustoume a campaña que a Asociación Galega de Editores puxo en marcha para conmemorar o Día das Letras. A iniciativa, que conta coa achega da deseñadora gráfica Ana Mouriño, recorre a pequenos fragmentos textuais de diversas autoras e autores, sempre inspirados tanto na relevancia que encerra a lectura como na difusión do libro en galego. Pódense ver premendo aquí (á dereita a afortunadísima frase que subscribe Agustín Fernández Paz). Os meus parabéns.