Manuscrito: Helena Villar Janeiro

Supón una regalía para min traer a esta sección a unha escritora que admiro desde hai anos e que mantén unha presenza continuada e sempre interesante nas redes sociais como é Helena Villar Janeiro. A súa deferencia con este blog permite que se reproduza abaixo un poema que pode considerarse inédito, aínda non preparado para a súa edición definitiva e escollido entres os que adoita realizar nos últimos tempos  para imaxes.  No que respecta á dinámica da escrita afirma que compón “sobre a marcha -só excepcionalmente tomo algún apunte, sobre todo se son haikus- e traballo directamente no ordenador desde hai moito tempo, que vén ser como a prolongación do meu brazo e da miña mente”. Beizóns, Helena.

1 Comment

Os comentarios están pechados.