Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro na Feira do Libro de Lugo

Onte, tras a presentación de O aprendiz do home do saco do meu amigo Antonio Reigosa, fixemos o propio con Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro nunha tarde invernal, fría e chuviosa, na Feira do Libro de Lugo.  A de onte constituíu para min outra ocasión para verificar o interese  que suscita a figura de Celso Emilio Ferreiro, sexa onde for. Desde aquí só quero agradecer, outra vez máis, as xenerosas palabras de Manuel Bragado e de Luís Ferreiro e lamentar, por un imprevisto, a ausencia de María Reimóndez que ía exercer tamén como presentadora.  A miña gratitude tamén a quen se desprazou á Praza Maior de Lugo, desafiando as inclemencias e sen importarlle outros espectáculos televisivos nese serán do Día das Letras 2013.