Manuscrito: Ánxel Fole

Nos fondos existentes na Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego, á procura dunha mostra manuscrita de Ánxel Fole, atopei unha que,  para min, constituíu unha sorpresa: un feituco caderno, datado nos anos cincuenta, no que se conserva unha versión manuscrita de Pauto do demo, unha peza que finalmente vería a luz na Editorial Citania, con cuberta de Luís Seoane, no ano 1958. Velaquí a cuberta da peza teatral e mais a primeira das páxinas manuscritas: viva o teatro galego  e “viva Fole, si señor!”, neste ano no que se cumpren 110 anos desde que naceu.

1 Comment

Os comentarios están pechados.