Manuscrito: Beatriz Maceda Abeleira

Beatriz Maceda Abeleira, xunto con Laura Veleiro como ilustradora, ofreceron no selo Galebook, hai xa uns meses, un libro titulado Man, o alemán de Camelle que, a forza dun intenso traballo de promoción e unha excelente acollida entre público e lectores, estrea agora a súa segunda edición.

      Grazas á colaboración da autora enriquécese esta sección con dous manuscritos da súa autoría. O primeiro correspóndese a unha sorte de diario que elaborou mentres redactaba este libro pois “ao se tratar dunha historia real, houbo un traballo previo de  documentación, de conversas e observacións que aquí se reflicte”. O segundo manuscrito é o da primeira páxina do borrador do libro amentado.

      No que atinxe a hábitos de escrita, Beatriz Maceda sinala que sempre adoitar ter á súa beira un caderno e mais un lapis: “gústame o son do lapis ao contacto co papel. Despois xa o paso todo ao ordenador, aínda que para revisar e corrixir vou imprimindo as follas e corrixo co lapis, facendo anotacións” (foto superior: Francisco Ares).

1 Comment

Os comentarios están pechados.