Cando se botou a andar a sección “manuscritos” deste blog unha das persoas coas que contactei e que se amosou máis entusiasmado coa idea foi Xosé Neira Vilas. De feito, xa se deixou aquí unha mostra caligráfica de Aqueles anos do Moncho hai algún tempo. Hoxe, con este que constitúe o apuntamento número mil desta bitácora, reprodúcense dúas páxinas do orixinal de Querido Tomás, libro que se publicou orixinalmente no ano 1980 e que, hai escasas datas, Kalandraka editou en castelán con tradución do autor e baixo o título de Amor de Sara. Beizóns a Neira Vilas por permitir a reprodución destes manuscritos.
3 Comments
Os comentarios están pechados.