Manuscrito: Francisco Fernández del Riego (II)

Un dos libros que atesouro con máis agarimo é, precisamente, o Diccionario de escritores en lingua galega que publicou Francisco Fernández del Riego. Libro que me resultou indispensable durante algún tempo, e aínda hoxe,  por diversas razóns, sobre todo vinculadas con traballos de investigación.

      Por esa mesma razón foi toda unha sorpresa acceder á intrahistoria compositiva deste libro, isto é, atopar no arquivo onde se custodian os seus documentos cunha caixa que contén os milleiros de fichas, exquisitamente ordenadas, que constituíron o alicerce deste monumental libro. Escollín a que incorporaba os datos recadados para elaborar a entrada correspondente a María Xosé Queizán. A miña gratitude, outra volta, a quen me facilita a súa difusión neste medio.

1 Comment

Os comentarios están pechados.