Manuscrito: Xesús Rábade Paredes

Alégrome que Xesús Rábade Paredes decidise sumarse a este proxecto -grazas Helena!- pois as persoas que conforman a súa promoción literaria non adoitan transitar moito pola rede. O poema que aquí se presenta é un  texto orixinal, neste  caso  tirado do seu caderno de apuntamentos e que, se se me permite, moito me gustou.

       Rábade adoita traballar os poemas en tres rexistros; en primeiro lugar vén a ideación do poema  -ao sentar a escribir adoita ter xa moi claro o que vai facer-; logo plásmase no papel -todo  pasa todo polos seus caderniños ad hoc, aínda que poida tomar calquera apuntamento en calquera papel antes e non sexa infrecuente atopar papeis “de paso” que logo anota nese caderno; e finalmente, pásaos ao ordenador pois é usuario del desde 1988 aínda que só sexa para procesar textos.

     Rábade Paredes escribe de xeito compulsivo por espazos moi intensos de tempo e logo descansa. Algo aplicable tamén para a súa prosa, o ensaio ou a tradución. Desde esta bitácora moitas grazas pola súa colaboración.

2 Comments

  1. Graciñas, Ramón. Eu son a secretaria deste gran escritor co que tiven a sorte de compartir a vida, porque me movo por estes espazos que el non transita. Pero acaba de velo e moito lle gustou. Envíache unha aperta agradecida polo teu interese en publicar o inédito. Eu mándoche outra.

    1. Moitas grazas, benquerida Helena. O afortunado son eu ao recibir os vosos manuscritos e as vosas apertas. Outras dúas para vós!

Os comentarios están pechados.