Nun apuntamento desta mesma semana ocupábame dun excelente rescate das colaboracións xornalísticas en lingua galega de Álvaro Cunqueiro. Ao fío dese volume lembrei que nos fondos Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego se conservan os orixinais dunha peza teatral de Álvaro Cunqueiro titulada Xan o bô conspirador, datada en 1933 e, ao que parece, rescatada serodiamente entre os papeis do pintor Manuel Colmeiro, pero da que nunca chegou a realizarse, se non estou errado, unha edición facsimilar.
Velaquí, así pois, a cuberta dese saudoso caderniño de aneis que conserva o manuscrito e mais a primeira das páxinas desta peza teatral de Álvaro Cunqueiro. Ao meu ver unha verdadeira alfaia que moito me agrada difundir desde aquí.
´Creo que aínda está por valorar a inmensa corrente de aire fresco que trouxo Cunqueiro a Galicia. Máis alá da súa extraordinaria calidade, está tamén unha fortísima liberdade, que lle dá luz á nosa visión colectiva.
Beizón polo agasallo!
Apertas
Grazas polo comentario, Carlos, que subscribo. Unha aperta.