Recollido de Brétemas (beizón!):
Iago Nicolás fíxonos este agasallo para axudar a facer visible o libro de homenaxe a Manuel Lueiro Rey, no que participamos medio cento de persoas unidas pola admiración e a amizade co inesquecible escritor do Grove.
Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida será presentado por vez primeira o sábado 22 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería Besada (Rúa Concepción Arenal 1 baixo), acto no que participarán Ramón Nicolás, Luís Cochón, Xesús Alonso Montero. Despois, o martes 25 de xuño será presentado na Libraría Paz de Pontevedra (Peregrina 29) tamén ás 8 da tarde, contando coa presenza de Nicolás e Cochón.