Nos Losada Diéguez

Non se me ocorre outra cousa hoxe que dar as grazas por un día intenso no que a biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro me trouxo, e xa van moitas,  outra alegría. A miña gratitude de novo ao xurado que a premiou e ás entidades convocantes dun galardón que supón unha honra recibir. Grazas  a todas as persoas que asistiron ao acto de entrega que se desenvolveu no pazo Losada Diéguez  en Moldes (Boborás) e a aquelas que me deixaron constancia dos seus afectos. O meu agradecemento sincero polas  palabras de Xesús Alonso Montero,  de  Argimiro Marnotes, de Valentín García e, se se me permite, un milleiro de grazas  polo discurso de Begoña Caamaño -a quen lle envío un ferrado de agarimos-  lido con emoción pola profesora Goretti Sanmartín pois  moito me conmoveu.  Beizón!

Actualización: deixo aquí ligazóns que, sobre a noticia, se poden ver en La Voz de GaliciaLa Región e Faro de Vigo.