Os "Contos como pulgas" de Beatriz Osés

Malia ter publicado en 2008 El secreto del oso hormiguero non souben de Beatriz Osés até ler El cuentanubes, un dos libros finalistas do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura no ano 2011. O certo é que me sorprendera gratamente a lectura daquel libro pois non era dificil intuír unha estética diferente no que se refire á creación para un lectorado xuvenil. Daquela, cando desde Kalandraka me propuxeron a tradución de “Cuentos como pulgas” da mesma autora, logo de ler a versión orixinal en castelán -galardoada co Premio Lazarillo en 2006- non dubidei en aceptar a encomenda pois no ronsel de certo imaxinario nonsense e fantástico ao que é tan afeccionada á autora, neste caso abeirado ao mundo dos animais,  xúntaselle un artellamento técnico esencialista, que se sutura a carón dunha visión non exenta de pingas de humor. Mais isto non é, nin debe ser, unha recensión pois aquí só quero agradecer a posibilidade que se me ofreceu de verter a Osés  á lingua galega nestes Contos como pulgas: un libriño breve, mais celmoso e divertido,  que ten contos de auga, de ceo, de terra e de noite e que acompaña, por certo e moi atinadamente, cunha excelente lectura plástica de Miguel Ángel Díez. Grazas.

4 Comments

  1. Os «Contos como pulgas» de Beatriz Osés | Caderno da crítica, me ha parecido muy ameno, me hubiera gustado que fuese más amplio pero ya saeis si lo bueno es breve es dos veces bueno. Enhorabuena por vuestra web. Besotes.

Os comentarios están pechados.