Manuscrito: Francisco Fernández del Riego (III)

Continúase hoxe coa serie de manuscritos dedicados á memoria de Francisco Fernández del Riego e depositado na Fundación Penzol. Neste caso rescátase da rede  un apuntamento caligráfico depositado nunha das páxinas dunha entrega da revista Nós; páxinas que acollerían en 1933 e ao longo de tres entregas consecutivas, o texto dunha conferencia que Del Riego impartiu en Vigo e que foi, con posterioridade, publicada a xeito de separata por Nós. Pubricacións Galegas e Imprenta co título “Índice cultural e artístico do Renacimento galego“. Tal e como fai saber o propio autor a través do contido na dedicatoria autógrafa a quen daquela era a súa moza, Evelina Hervella sería esta unha das súas primeiras obras impresas,  preludiadas por ese magnífico retrato de Maside.

1 Comment

Os comentarios están pechados.