Hai xa algún tempo que me convidaron a participar, na calidade de moderador, nun coloquio que se celebrará na Feira do Libro de Vigo, xunto cos escritores Xabier López López, Francisco Castro e mais Álex Oviedo (editor de Libros de Pizarra), arredor do motivo ‘Escribir en galego para que nos lean en todo o mundo’ ao fío das traducións ao castelán d´Os libros prestados, de Xabier López, e mais de Spam, de Francisco Castro, ambas as dúas no anterior selo editorial.
Será un pracer compartir un tempo con todos eles e con quen desexe asistir a este encontro para falar de literatura galega, de tradución e do que vaia xurdindo. Ademais, gústame moito que a Alameda de Vigo se vista de libros.