Docencia

Hoxe non  exhibo manuscritos, nin reordeno apuntamentos de lecturas nin ofrezo opinión ningunha sobre actualidade cultural. A razón está na participación nun acto de despedida do alumnado do centro de ensino público no que traballo pois, unha vez máis,  volvín sentir o gratificante que pode ser exercer a docencia e, malia que soe estraño, asumir eses labores titoriais que para min supoñen un exercicio continuo de aprendizaxe.

         Grazas, pois, a un grupo que permanecerá na miña memoria. Grazas por todo o que aprendín de Sito, Andrea, Vanessa, Estela, Ana, Óscar, Inés, Jennifer, Uxía, Juanma, Juan Manuel, Ángela, Alba Crispín, Alba Comesaña, Ángela, Eloy, Toño e Marta. Sempre na miña memoria e no meu corazón.

4 Comments

  1. A verdade é que foi algo marabilloso, sobre todo pola sensación de cariño verdadeiro que desprendían todos e cada un deles. Non me canso de dicir que, polo menos para min, teño a mellor profesión do mundo, pese a todo. Son estas cousas as que fan que mereza a pena seguir adiante e esforzarse por elas e eles

  2. A ledicia de velos crecer súmase a mágoa de velos marchar, inda así temos realmente moita sorte. O agarimo que nos dan non ten prezo. Parabéns pola parte que che toca!

Os comentarios están pechados.