Un amigo advertiume da existencia deste vídeo que abaixo reproduzo e realizado no Colexio Público de Educación Infantil e Primaria “CEIP Doutor Suárez” de Fornelos de Montes, vila natal de Lueiro Rey. A gravación artellouse co gallo da entrega do “I Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey” celebrada o 13 de abril deste ano.
Neste proxecto cada aula recita unha poesía do autor, que reparou con recorrencia e en toda a súa obra na infancia como motivo literario. Os meus parabéns por esta iniciativa.
1 Comment
Os comentarios están pechados.