Manuscrito: Franz Kafka

Agustín Fernández Paz, devoto lector de Franz Kafka e a quen homenaxeou en tantas propostas literarias, lémbrame que xustamente hoxe se cumpre o 130 aniversario do nacemento do escritor nacido en Praga; un aviso que moito lle agradezo. Hai algún tempo xa reproducira unha carta de Franz Kafka a Kurt Wolff, datada en 1913, mais descubrín que na rede existe unha web, The Kafka Project, cuxa intención era recoller as súas obras en forma de manuscritos. Que eu saiba incorporáronse só  as correspondentes a O proceso que se poden ver premendo aquí (e aquí pode lerse a súa transcrición). Abaixo reproduzo unha destas mostras.