Na presentación de "Faneca Brava", de Manuel Portas, crónica de Manuel Bragado

Onte foi un pracer acompañar, nun serán que non resultou tan abafante, a Manuel PortasManuel Bragado na presentación que se realizou, na Feira do Libro de Vigo, da novela Faneca Brava, a última entrega do escritor radicado en Compostela e que se empoleirou nos últimos meses como un dos libros máis vendidos da narrativa galega. Bragado realizou unha completa crónica do desenvolvemento do acto que se pode ler premendo aquí. O meu agradecemento por permitirme compartir ese espazo de diálogo e reflexión suscitado arredor desta obra de Portas e a Bragado por  recoller con exactitude as miñas palabras.