Coloquio "A noite no deserto"

Mañá venres ás 20:00 horas,  e no seo dos actos que se desenvolven na Feira do Libro de Vigo,  acompañarei na calidade de moderador a dous narradores que  moito estimo como son  Francisco Fernández Naval, autor de A noite branca, publicada por Xerais e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicada por Galaxia, dúas propostas narrativas de enorme alento entre as publicadas nos últimos anos.

    É esta unha iniciativa, ao meu ver, que alén de irmandar autores e selos editoriais, ha resultar operativa, ou iso agardo, para  debater e dialogar arredor do proceso creativo das devanditas obras -con tantos elementos de confluencia entre si- así  como, entre outros factores,  sobre cal é o funcionamento da literatura cando esta afonda na memoria  colectiva.