Manuscrito: Francisco Fernández del Riego (IV)

Un libro fundamental no camino da recuperación cultural da posguerra e, concretamente, no que atinxe á difusión da actividade lírica propia foi a denominada Escolma de poesía galega. IV. Os contemporáneos: un libro de Francisco Fernández del Riego, quen se responsabilizou dun traballo monumental como foi a edición, o limiar e mais das notas bio-bibliográficas do mesmo, publicado como é sabido na Editorial Galaxia no ano 1955.

             É unha sorte para esta bitácora recuperar un manuscrito do autor, depositado na Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego, que é a primeira páxina do prólogo deste relevante libro para a nosa cultura, datado no ano 1954.

1 Comment

Os comentarios están pechados.