Oíraa nun par de ocasións e hoxe recibín, a través da Fundación Celso Emilio Ferreiro, esta magnífica fusión que, de dous poemas ferreirianos, fixeron Xosé Manuel Budiño, na música e o actor Luís Tosar na voz. Trátase dunha colaboración incluída no traballo Sotaque de Budiño baixo o título de Hoxe canto en Libertá e que entendo como unha alfaia moi recomendable que, particularmente, non canso de escoitar. Grazas por facer que Celso Emilio Ferreiro siga sempre vivo a través da súa poesía!