Manuscrito: Uxío Novoneyra (III)

Nun ano no que a atención cultural tamén se orienta cara a Rosalía de Castro e o seu legado velaquí dous autógrafos de Uxío Novoneyra que, por cortesía da Fundación homónima, presento nesta bitácora. Reprodúcese, así pois, o célebre poema “Galicia / Rosalía”, en versión mecanografada, asinada e titulada a man polo autor, xunto con algúns apuntamentos ecdóticos e explicativos. Debaixo  reprodúcese un manuscrito que moito aprecio e agradezo: o que contén un dos versos máis intensos, significativos e simbólicos que se escribiran nunca en lingua galega: “Non, a forza do noso amor non pode ser inutle”. Beizóns á Fundación Novoneyra pola súa xenerosidade.

1 Comment

Os comentarios están pechados.