«O corazón da Branca de neve», de Francisco Castro: premio de novela por entregas «La Voz de Galicia»

Volvín participar onte, na calidade de membro de xurado, no debate sobre o premio anual de novela por entregas de La Voz de Galicia. Tras algún tempo de deliberacións resolveuse, como ben se sabe a esta altura, outorgarlle por unanimidade o galardón  á novela O corazón da Branca de neve, de Francisco Castro, un título que se vén engadir á longa nómina de galardóns que o escritor vigués acadou na súa traxectoria literaria.

      Teño para min que xa se sistematizaron con acerto os valores desta ben estruturada e suxestiva novela  e  o que eu podería sinalar aquí arredor dela nada engadiría. Só que me queda, pois, estenderlle os meus parabéns ao autor, como tamén aos moi dignos finalistas Xesús Constela e Ana María Galego Gen.

1 Comment

Os comentarios están pechados.