Manuscrito: Ramón Otero Pedrayo (I)

Extraído dos fondos bibliográficos custodiados na Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego, achégase a esta sección un documento de Ramón Otero Pedrayo. Trátase dun  manuscrito titulado “Lembranzas do meu vivir” e que foi publicado no número 52 da revista Grial (1976). Texto autobiográfico que,  xunto con  A historia de un neno (Patronato Ramón Otero Pedrayo, 1979) e  “Desvelamento de Santiago” (Grial, nº 19, 1968), resultan fundamentais para trazar os pasos da traxectoria persoal do polígrafo galego  nos primeiros anos da súa vida.

1 Comment

Os comentarios están pechados.