O xornalista Ramón Rozas publicou unha recensión sobre Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida nas páxinas de El Progreso e, no día de onte, unha completa e documentada reportaxe sobre Lueiro Rey no Diario de Pontevedra onde exhuma, ademais, un moi interesante texto do escritor do Grove. Pódense consultar ambas colaboracións no blog de Edicións Xerais, premendo aquí e aquí.
O meu agradecemento tanto aos medios que acollen estas colaboracións como a Ramón Rozas polo seu traballo e por lle prestar atención a este libro colectivo e gañar adeptos, así, para a “causa Lueiro”.