Mañá venres, ás 19:00 horas e na Feira do Libro da Coruña, realizarase a que probablemente sexa a derradeira presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, para concluír un longo percorrido no que, da man deste libro, puidemos recalar en Vigo, Celanova, Ourense, Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela e Ferrol.
Para quen desexe asistir a este acto comprometeron a súa presenza Mercedes Queixas, secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro e Manuel Bragado. Moitas grazas.