Descoñecía, até a presentación de Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida na Galería Besada do Grove, a existencia da revista Sustansia, que edita Todogrove edicións e que supera xa a trintena de entregas.
Por mor da publicación do devandito libro mantiven unha conversa para a revista que reproduzo abaixo (premendo nas imaxes facilítase a lectura). O meu agradecemento a Miguel M. Muñiz e a Eduardo Muñiz polo interese neste libro de autoría colectiva que pretende pór ao día a figura e mais a obra de Lueiro. Os meus parabéns, asemade, por esta revista: un proxecto comunicativo moi coidado, integramente redactado en lingua galega e paréceme que imprescindible para estar ao día do que ocorre na vila do Grove.
1 Comment
Os comentarios están pechados.