Carme Vidal sobre "Manuel Lueiro Rey (1910-1996). A liberdade ferida": "un novo regreso do autor a súa terra"

Mañá preséntase Manuel Lueiro Rey (1910-1996). A liberdade ferida en Fornelos de Montes, terra natal do autor. Ao respecto, Carme Vidal publicou un estupendo artigo en Sermos Galiza que se pode ler na súa integridade premendo aquí. Permítome reproducir dous fragmentos abaixo. Grazas, Carme!

un libro que contribúe ao recoñecemento persoal e literario de Manuel Lueiro Rey e nos achega á unha figura na que o compromiso persoal e político e o traballo literario se dan a man nunha aperta fonda.

na Casa do Concello, en plenas festas do San Lourenzo, preséntase Manuel Lueiro Rey, a liberdade ferida, un novo regreso do escritor a súa terra, un recoñecemento dos moitos que quedan a unha figura de relevo na literatura contemporánea. En plenas festas, cando a poboación de Fornelos se multiplica e as casas se abren con veciños e veciñas que se viron na obriga de abandonar a súa terra. O de Lueiro está a ser, no día de festa, un regreso máis aos que Fornelos está tan afeito.