Manuscrito: Charles Dickens

Ao fío dunha versión adaptada de Oliver Twist de Dickens ao galego, da que falarei proximamente, e da tradución do libro homónimo publicada hai algúns anos por Galaxia,  traio hoxe este manuscrito de Canto de Nadal, que convive, en lingua galega, coa tradución de Grandes esperanzas que Moisés R. Barcia levou a cabo na rede para celebrar o ano Dickens.

    O manuscrito que se reproduce abaixo, que eu saiba, é o único coñecido de Charles Dickens e foi  fotografado na Morgan Library de Nova York. O libro escribiuse en seis semanas no ano 1843, cando o autor  estaba tratando de evitar a ruína financeira. Trátase dunha marabillosa alfaia que conta con preto de 2.000 revisións da propia man de Dickens.