Os textos publicados que se coñecen de Frida Kahlo, sobre todo os seus diarios, revelan sen dúbida unha extraordinaria personalidade e son testemuña moi elocuente da actividade creativa que levou a cabo, e tamén do seu vizoso mundo persoal.
Non podía faltar, así pois, a pintora nesta sección e traio aquí hoxe unha mostra dos seus diarios na parte superior e mais unha carta conservada a Diego Rivera na inferior (é posible consultar máis fotografías e manuscritos premendo aquí).
PD. Malós Cabrera, prezada amiga que pasa con frecuencia por esta bitácora, envioume esta frase provocativa que se atribúe a Frida Khalo e que ela mesma fotografou hai uns anos na súa Casa Azul de Coyoacán (México DF). Permítome reproducila abaixo. Graciñas!!!