O blogomillo ben vivo dez anos despois

O Diario de Pontevedra e mais El Progreso acolleron, hai uns días, unha reportaxe de Carla Fraga baixo o título de “A blogosfera galega medra vizosa tras dez anos de vida”, onde afonda nunha parte da realidade actual da blogosfera galega ou blogomillo. Agradézolle á xornalista que quixese incluír esta bitácora na referencia de blogs literarios, a carón doutros que sigo con interese como Capítulo cero de Manuel Gago ou Mallando no Android de Iago Varela (premendo na imaxe lese con maior claridade).