J.D. Salinger, "O vixía no centeo" e o seu "Slight Rebellion Off Madison”

Semella que a figura e mais a obra de Salinger vai ser obxecto de atención mediática inminente en  vindeiras datas pois alén dunha biografía adxectivada como definitiva, anúnciase tamén a estrea dun documental biográfico e a publicación de diversas obras inéditas ao longo de 2015, tal e como apuntan  diversos medios de comunicación.

     Open Culture deu cun interesante texto narrativo titulado “Slight Rebellion Off Madison” que Salinger enviou aos editores de The New Yorker e no que xa introducía o célebre, Holden Caulfield anos antes da publicación d´O vixía entre o centeo, un libro que afortunadamente podemos ler na nosa lingua que algo terá pois segue a ser devorado por un lectorado novo xeración tras xeración.

    Segundo a biografía de Paul Alexander  os editores de The New Yorker decidiron adiar a publicación do relato cando os EUA entraron na Segunda Guerra Mundial polos seus contidos pois nel Caulfield, de vacacións,  reuníase en vacacións con Sally Hayes e fumaba, bebía, queixábase do aborrecemento que lle producía a  escola mentres soñaba con irse a  Vermont e quizais casar un día. Rematada a guerra, semellaba que o que escribira Salinger xa non  supuña ferir a sensibilidade, ao que parece ben sensible, dos seus lectores e viu a luz finalmente o 21 de decembro de 1946.

    Reproduzo abaixo o relato malia que pode lerse con maior claridade premendo aquí e logo aumentando o zoom.