Manuscrito: Diego Antonio Cernadas de Castro (o cura de Fruíme)

Polo ano 2002 o Club de  Xornalistas Galegos en Madrid chegou a solicitar á Real Academia Galega que o Día das Letras Galegas fose dedicado a Diego Antonio Cernadas y Castro, por mor do terceiro centenario do seu nacemento. Esta solicitude unírase a outras que tamén realizara o concello de Lousame, onde repousan os seus restos. Esta e outras peticións, como é sabido, non gozaron da fortuna precisa para que se volvesen os ollos á obra do que tamén se coñece como “O Cura de Fruíme“. Ao meu ver, a súa figura, como precursor, poeta  e salientable xornalista merecería máis atención da que hoxe se lle dispensa.

     Tráese hoxe aquí un manuscrito (fonte: Biblioteca de Galicia) do autor, en  galego,  que non está incluída na edición das Obras en Prosa y Verso del Cura de Fruime, publicadas en Madrid en 7 volumes entre 1778-1781. Este e outros textos estudáronse nunha Tese de Licenciatura lida en febreiro de 1972 por Rita Peinado López na Universidade de Santiago co título Textos inéditos del primer cura de Fruime Don Diego Antonio Cernadas de Castro.

 

 

1 Comment

Os comentarios están pechados.