Allende e Celso Emilio

Diversos medios de comunicación fanse eco hoxe dos 40 anos do golpe militar que derrocou o presidente chileno Salvador Allende. Nesta data non podo deixar de lembrar o asombro parecido físico existente entre Celso Emilio e mais Salvador Allende que levou, mais dunha vez, a que confundisen ao poeta de Celanova co político chileno.