Con barqueira e remador. Obradoiro Internacional de Tradución Poética

Penso que é unha excelente noticia a inminente celebración, na súa segunda edición, dunha iniciativa pioneira en Galicia e que se desenvolverá na Illa de San Simón, entre o 14 e o 19 de outubro,  baixo o título de  “Con barqueira e remador. Obradoiro Internacional de Tradución Poética”: un encontro organizado por Yolanda Castaño que persegue promover o coñecemento e  reflexionar sobre a tradución poética. Acompaño abaixo información sobre o  desenvolvemento do evento e outros actos paralelos por se resulta de interese a quen visiten esta bitácora. Tamén se poden consultar as fichas bibliográficas das persoas participantes).

– Mércores 16 outubro, 20h: Recital poético multilingüe “ATENDENDO Ó MEU AMIGO”. Casa das Campás, Pontevedra. (En colaboración coa AELG e o Concello de Pontevedra).

 –  Xoves 17 outubro, 19:30h: “CERCANDO AS ONDAS. Tradución poética en mans de poetas”. Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, s/n), Vigo. (En colaboración con BITRAGA, GAELT e a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo).

–  Venres 18 outubro, 20h: Recital poético multilingüe “ATENDENDO Ó MEU AMIGO”. Auditorio do Multiusos da Xunqueira (en colaboración co Concello e a Biblioteca Municipal de Redondela).

Os poetas convidados/a a esta segunda edición do Obradoiro “Con barqueira e remador” serán: Gökçenur Ç (Turquía), Kätlin Kaldmaa (Estonia), Xuan Bello (Asturias), Samira Negrouche (Alxeria), Lawrence Schimel (EE.UU.), Anna T. Szabó (Hungría) e Isaac Xubín (Galicia).