Álvarez Torneiro en Betanzos

A Libraría Biblos de Betanzos faime chegar unha convocatoria arredor dunha iniciativa interesante que paso a dar conta e que ten a Álvarez Torneiro como protagonista (a negriña é miña).

Álvarez Torneiro, o primeiro poeta galego recoñecido co Premio Nacional de Poesía por un poemario na nosa lingua, “Os ángulos da brasa”, confirmou que o sábado da vindeira semana, o día1 9 ás sete da tarde, estará na Libraría Biblos de Betanzos para presentar a súa obra e ler os seus poemas. Non haberá ningún outro protagonista no acto. Pero sería precioso que todos, en especial os poetas galegos, estivésemos presentes para homenaxealo como sen dúbida merece. Se o día o permitise, e ante a cantidade de xente que agardamos, o acto celebraríase na fermosa praza de Santiago, entre a Libraría, a igrexa de Santiago e a cafetería Lanzós. Agardámosvos.