Deixei por aquí apuntado que Claudio Rodríguez Fer era un dos poetas contemporáneos que máis atención lle prestaba á dimensión artística dos seus manuscritos. Arestora, por cortesía do autor, incorporo outro significativo exemplo: trátase do poema “Alén”, tirado do libro Tigres de ternura, do que adxunto unha mostra, con letra nesta ocasión de Carmen Blanco, e mais un cartaz do poemario na parte inferior.
O ano pasado apareceu unha reedición bilingüe galego-inglés deste libro, con tradución de Kathleen N. March por mor de se cumpriren os trinta anos da aparición do primeira edición; un poemario que foi Premio da Crítica española e que gozou de tres edicións manuscritas entre 1981 e 1983, algo nada común e que, por esta e outras razóns, ben merecía referenciarse aquí.
Precioso poema e que edición tan tenra, tan bonita, tan artística.
Emocionoume.