Manuscritos: Carlos Casares (II)

Hai case un ano medio ofrecía nesta bitácora unha primeira mostra manuscrita de Carlos Casares. Revelábase daquela un texto  no que se incorporaban unha serie de apuntamentos que o escritor ourensán redactara no seu día sobre a obra de Ramón Piñeiro. Hoxe, tamén por cortesía da Fundación Carlos Casares, incorpórase outro modelo que explicita a técnica do seu intenso e recorrente  traballo de corrección: unha páxina da que probablemente constituía unha das varias versións d´Os mortos daquel verán, novela que me fascinara ao pouco de se publicar.

       No manuscrito obsérvanse con claridade as modificacións que Casares aplicaba á súa prosa: numerosos engadidos e emendas á procura da sinxeleza e fluidez narrativa, algo no que teimaba con obsesión.

1 Comment

Os comentarios están pechados.