Este post non fala de libros, ou non directamente, aínda que polas páxinas dos libros tamén discorra a vida. Esta mañá puiden percorrer a pé un bo traxecto da rúa das Camelias de Vigo, pouco despois do mediodía. Sería talvez polo desacostumado da hora para min pero á sensación caótica que imprime a eterna execución dunhas obras sumouse outra máis desacougante, algo fondamente preocupante e que se converte nun signo dos tempos como é transparencia da pobreza extrema a través da práctica da mendicidade exercida por persoas esparexidas aquí e acolá , distribuídas ás portas de numerosos locais comerciais, de alimentos principalmente, construíndo un zig-zag imprevisible que visibiliza o modelo de sociedade cara ao que se camiña.
Pensaba nesta realidade tanxible e abouxadora mentres lía as declaracións indignantes dun coñecido banqueiro: outro signo dos tempos, un verdadeiro insulto á intelixencia. Até cando?
A maioría das veces, non entendo o mundo, non es ti só. Teriamos que facer algunha cousa….