Non á LOMCE

Non adoito incorporar na bitácora reflexións que non sexan de índole estritamente literaria. Con todo, creo que a ocasión ben o merece diante dunha xornada de protesta como a de mañá pois o administrador desta bitácora é docente, e docente do ensino público.

     Súmome, pois, e incondicionalmente, aos milleiros de voces, en Galicia e fóra dela, que se rebelarán e manifestarán a súa indignación e repulsa diante dunha lei de educación que nin a maior parte do profesorado, nin os máis dos pais e nais do alumnado queremos , nin tampouco o estudantado en xeral. Unha lei claramente regresiva,  unha lei que non camiña polos vieiros da igualdade de oportunidades, unha lei que conculca o laicismo e que simboliza outro ataque máis á liña dorsal da presenza do idioma galego no ensino…,  lesiva en fin respecto dos avances que no ensino público se conseguiron.

        Como docente, como pai e como cidadán eu mañá vou á folga.